Activo un incendio forestal no concello de Piñor, parroquia de Torcela

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2022

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Piñor, parroquia de Torcela.

O lume iniciouse ás 18,26 h. desta tarde e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie provisional de máis de 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 4 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural