O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, respondeu na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego a unha pregunta sobre esta iniciativa

Máis de 130 maiores desfrutaron da última edición do programa ‘Xuntos polo Nadal’ da Xunta de Galicia

A iniciativa celebrouse na última semana de decembro e na primeira de xaneiro nas residencias de tempo libre do Carballiño e Nigrán

Este ano o programa, que foi 100% gratuíto, incluíu estadía con manutención completa e ducias de actividades
 

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou hoxe que máis de 130 maiores desfrutaron do programa Xuntos polo nadal da Xunta de Galicia, para que as persoas de máis idade poidan pasar en compañía e con actividades estas datas tan sinaladas.

A iniciativa celebrouse na última semana de decembro e na primeira de xaneiro nas residencias de tempo libro do Carballiño e Nigrán. O Goberno galego ofertou máis prazas que nunca para este programa, que contou con actuacións musicais, sesións de cine, baile, obradoiros, risoterapia e excursións, entre outras moitas actividades.

Fernando González Abeijón lembrou que a Consellería de Política Social retomou este programa logo de ter que suspendelo por mor da pandemia. A vacinación permitiu recuperar unha iniciativa que busca ofrecer unha alternativa de ocio para as persoas maiores que non teñen con quen pasar estas datas.

Para garantir a seguridade de todos os participantes, que debían contar coa pauta completa de vacinación, realizáronse PCRs previass á súa entrada na residencia e establecéronse dúas quendas de participación para evitar aglomeracións.

Completamente gratuíto

Todas as persoas maiores desfrutaron por primeira vez deste programa de xeito 100% gratuíto. Así, non tiveron que pagar nin pola estadía en pensión completa nin pola realización das actividades planificadas.

 

Imaxes relacionadas