O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá nesta cita sobre o programa

Política Social participa na xornada do Proxecto acogER de acollemento a menores con enfermidades raras

Este encontro ten como obxectivo realizar unha análise da situación destas nenas e nenos atendidos no sistema de protección de Galicia

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2022

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá na xornada sobre o Proxecto acogER, que ten como obxectivo o acollemento a menores con enfermidades raras para mellorar a súa calidade de vida. Este encontro celebrouse no Edificio Administrativo de San Caetano.

O Proxecto acogER xorde da necesidade de avanzar no coñecemento e a atención aos nenos con enfermidades pouco frecuentes atendidos polo sistema de protección á infancia, para prestar apoio as súas familias, aos profesionais que os atenden e as súas familias de acollida.

Este encontro céntrase en realizar unha análise da situación dos nenos atendidos actualmente no sistema de protección de Galicia. Para iso, púxose en marcha este encontro no que participaron educadores, equipo técnico da Consellería de Política Social.

Imaxes relacionadas