O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou neste acto

A Xunta participa na inauguración dos novos cursos de Ategal en Lalín

Destaca a importancia da formación como ferramenta para mellorar o benestar das persoas maiores, fomentar as relacións sociais e para que estas se manteñan activas

Lalín (Pontevedra), 30 de marzo de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, salientou hoxe a importancia de que as persoas maiores teñan o espazo que merecen na sociedade e sexan tamén protagonistas do día a día. Díxoo na inauguración dos cursos das Aulas Sénior da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal), que tivo lugar esta tarde en Lalín.

Fernando González Abeijón fixo fincapé no traballo que desde fai máis de catro décadas está a desenvolver Ategal, unha entidade de referencia no ámbito do envellecemento activo. Neste sentido, gabou o compromiso da entidade por mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas maiores a través da formación, como ferramenta para fomentar a participación, as relacións sociais e para que estas se manteñan activas.

O director xeral de Maiores tamén felicitou ao alumnado que participa nos programas de Ategal pola súas gañas de ampliar os seus coñecementos. Así mesmo, garantiu o compromiso da Xunta con aquelas iniciativas que, como estes cursos, favorecen o envellecemento activo e saudable.

Imaxes relacionadas