A Xunta destina 40.000 euros para a construción dun skatepark en O Saviñao

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe a obra levada o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para executar iniciativas como esta que redunden no benestar da cidadanía, e neste caso entre a mocidade
 

O Saviñao (Lugo), 30 de marzo de 2022

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias visitaron hoxe o concello de O Saviñao ao que o Goberno galego destinou 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de uso público para a construción dun skatepark no lugar de Escairón.

Segundo explicou Natalia Prieto, o concello solicitou a axuda para instalar a infraestrutura deportiva destinada á práctica do skateboard e o patinaxe, xa que segundo indicaron son deportes que están están experimentando un importante incremento nos últimos años e non dispoñían de ningún lugar de práctica para os mesmos.

A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para levar a cabo iniciativas como esta que redunden no benestar da cidadanía e incidiu no compromiso da Xunta por manter o apoio que precisan os concellos con actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños.

Nesta liña, indicou que este concello lucense recibiu nos últimos anos preto de 424.000 euros das ordes de axudas da Vicepresidencia Primeira destinadas aos concellos, como unha multipista no campo sintético Currelos, a adquisición dun tractor, a creación dun espazo público de ocio para nenos e maiores en Currelos, o acondicionamento do edificio do concello en Escairón, o formigonado de camiños en Ousende e Diomondi, a mellora de vías públicas municipais e do servizo de recollida e residuos e mobiliario urbano, a contratación de persoal para a protección do ambiente e do espazo natural, a compra dun dumper para a realización de actividades ambientais, así como o mantemento dos espazos de interese ambiental

Ademais no ano 2014, foi galardoado co 3º premio dos Coopera polo proxecto Emprego Verde Ribeira Sacra dotado con 12.500 euros e outorgado ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, no que están integrados A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober ,Taboada, da provincia de Lugo; xunto coa Peroxa, A Teixeira, Castro Caldelas, Esgos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Xunqueira de Espadañedo, da provincia de Ourense.

O número de proyectos financiados o ano pasado gracias á Orde de infraestruturas de uso público na provincia de Lugo ascendeu a 32, dun total de 125 en toda Galicia.
 

Imaxes relacionadas