Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins

Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 40 hectáreas, das cales 10 foron de monte arborado e 30 de monte raso

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2022

A Consellería do Medio Rural informa de que xa está extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins.

O lume iniciouse ás 22,03 h. de onte e quedou extinguido ás 13,16 h. de hoxe. Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 40 hectáreas, das cales 10 foron de monte arborado e 30 de monte raso. Na súa extinción participaron 6 axentes, 9 brigadas e 8 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural