Política Social celebra coa entidade Amencer os seus 35 anos de vida promovendo actividades dirixidas á xuventude

Ourense, 27 de marzo de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta tarde nos actos conmemorativos organizados por Amencer para celebrar os seus 35 anos de vida. Durante o evento destacou que esta entidade, que se atopa dentro da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco, ten unha ampla traxectoria de apoio integral á mocidade na cidade de Ourense.

Cristina Pichel subliñou o traballo que están a realizar no eido da promoción do voluntariado, da educación non formal e da promoción da lingua e da cultura galegas, así como na integración social daquelas mozas e mozos en risco de exclusión. Así, animou aos membros da entidade a seguir promovendo iniciativas que axuden á xuventude a realizar proxectos con impacto social que beneficien a toda a sociedade.

Imaxes relacionadas