O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe as instalacións

A Xunta insta ao Concello de Carballeda de Avia a axilizar os trámites para a posta en marcha da vivenda comunitaria

O Goberno galego investiu 43.000 euros no equipamento deste centro municipal para desbloquear a situación da infraestrutura que, anos despois da súa construción, aínda non fora posta a disposición dos veciños

Carballeda de Avia (Ourense), 23 de marzo de 2022

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá a futura vivenda comunitaria de Carballeda de Avia, onde instaron ao Concello a axilizar os trámites para a posta a disposición deste servizo ás persoas maiores da zona.

A Xunta investiu 43.000 euros no equipamento deste centro de titularidade municipal para desbloquear a situación da infraestrutura que, despois de anos da súa construción, aínda non foi posta en marcha. O xerente e o delegado territorial lembraron que logo de que remate a instalación do equipamento, o Goberno local debe realizar os trámites pertinentes para non facer agardar máis aos futuros usuarios.

Así mesmo, lembraron que o Goberno galego está sempre disposto a axudar aos concellos do rural a facer fronte aos gastos derivados da posta en marcha de servizos necesarios para os seus cidadáns. Por este mesmo motivo, asegurou que a Xunta seguirá favorecendo a creación de servizos de atención de calidade e de proximidade para as persoas maiores que viven en concellos pequenos.

Imaxes relacionadas