Política Social destaca o valor da experiencia das persoas centenarias de Galicia

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 20 de marzo de 2022

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá na celebración do 103 aniversario dunha veciña de Vilanova de Arousa. Destacou o valor da experiencia de todas as persoas centenarias de Galicia que ofrecen experiencia e sabedoría para as novas xeracións de galegos.

O director xeral sinalou que o incremento da esperanza de vida fai que as persoas vivan máis anos pero tamén que o fagan con máis calidade. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego pon en marcha medidas e programas que promovan o envellecemento activo e permitan que as persoas maiores vivan esta etapa das súas vidas da maneira máis cómoda, como e onde elas prefiran.