A Xunta participa na XVIII Feira do Queixo e Pan de Ousá

Friol (Lugo), 20 de marzo de 2022

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe na celebración da XVIII Feira do Queixo e Pan de Ousá, no concello de Friol. No encontro participaron centos de persoas que puideron degustar algunha das mostras gratuítas ofertadas por preto de 90 queixerías e cinco panaderías da zona.

O eixo principal da feira volveu situarse como en anos anteriores na praza Andón Cebreiro para a exposición de produtos. Ao redor da carpa sitúanse outros postos de venta dos diferentes produtos agroalimentarios do municipio e tamén produtos artesanais e do téxtil.
 

Imaxes relacionadas