A Xunta asina un acordo de colaboración coa Orde de Malta para a asistencia sanitaria aos peregrinos
2022-03-19
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Marzo/semana-03/20220319 Sanidade 061 Orde de Malta2.jpg
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2022
O conselleiro de Sanidade e presidente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Julio García Comesaña, e o delegado da Orde de Malta en Galicia, Enrique Marchesi-Herce y García San Martín, asinaron esta semana un acordo de colaboración para a posta en marcha dun dispositivo de asistencia sanitaria a peregrinos que realicen o Camiño de Santiago.
Ao acto, que tivo lugar en Santiago de Compostela, tamén asistiron a directora da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Adriana Regueira Pan, e o subdelegado da Orde de Malta en Galicia, Rafael Vidal Gómez de Travecedo.
Departamento:
C. de Sanidade