Política Social participa na Conferencia Sectorial de Infancia e Adolescencia

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2022

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na Conferencia Sectorial de Infancia e Adolescencia á que asistiron representantes do Goberno e das Comunidades Autónomas e na que se analizou a situación dos nenos, nenas e adolescentes que veñen de Ucraína pola invasión que rexistra o país.

Este encontro sirve para artellar unha actuación coordinada na atención aos menores ucraínos que están a chegar a España fuxindo da guerra. En especial, a aqueles que chegan sós, sen ningún titor nin parente ao seu carón.

Imaxes relacionadas