O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no Think Tank Forum organizado polo Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga

A Xunta sinala que a nova Ris3 será clave para seguir avanzando na modernización do sector alimentario

Destaca que a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia contribuirá á transformación sustentable e tecnolóxica deste sector estratéxico para a Comunidade

Adianta que Galicia Calidade está a traballar nun proxecto piloto centrado na utilización da tecnoloxía blockchain para garantir a trazabilidade dos produtos certificados

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2022

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, sinalou hoxe que a nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) na que está traballando Galicia será clave para seguir avanzando na modernización do sector alimentario, contribuíndo á súa transformación sustentable e tecnolóxica a través da I+D+i.

Heredia participou telematicamente no encontro Think Tank Forum, organizado polo Laboratorio Internacional de Nanotecnoloxía de Braga (INL) dentro do proxecto europeo TrustEat para abordar as posibilidades do blockchain no sector alimentario. Na súa intervención, o director xeral de Comercio e Consumo destacou as potencialidades da utilización desta tecnoloxía para certificar os pasos da cadea de produción e distribución, facendo unha trazabilidade do proceso total e fiable que achega valor engadido aos produtos nos mercados, sendo unha garantía de calidade para os consumidores.

Neste sentido, indicou que Galicia Calidade está traballando nun proxecto piloto para incorporar a tecnoloxía blockchain na produción de produtos certificados pola marca de garantía, para así contribuír á competitividade das empresas.

Imaxes relacionadas