A conselleira de Política Social visitou esta mañá o centro multiservizos de Saraiva Senior

Fabiola García sinala que Galicia pode presumir dun novo modelo residencial de consenso co sector e á vangarda de España

Os piares da atención residencial aséntase nunha humanización no trato e as reformas estruturais, o aproveitamento do potencial tecnolóxico e as melloras na coordinación sociosanitaria

Pontevedra, 8 de marzo de 2022.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que Galicia pode presumir dun novo modelo residencial de consenso co sector e á vangarda de España, posto que está a liderar a gran reforma da atención residencial no país. Así mesmo, puxo en valor que foi elaborado polo Comité Asesor Sociosanitario, conformado polos diferentes perfís profesionais do eido dos coidados, expertos e representantes dos usuarios e familias.

Fabiola García visitou esta mañá visitou o centro multiservizos que Saraiva Senior ten en Pontevedra, onde se empraza unha residencia, un centro de día, unha unidade de servizos e o Servizo de Axuda no Fogar.

A conselleira destacou que nos últimos anos a Xunta fixo un grande avance tanto nos coidados no fogar como na atención residencial. Recordou que Galicia é referente en España en Servizo de Axuda no Fogar, con máis de 24.000 usuarios, 16 veces máis que en 2009; ou que impulsou medidas como as casas do maior ou a teleasistencia.

Así mesmo, subliñou que, cando se fala de residencias, Galicia volve estar un paso por diante co novo modelo, que asentou os piares da atención residencial: a humanización no trato e reformas estruturais, o aproveitamento do potencial tecnolóxico e as melloras na coordinación sociosanitaria.

Saraiva Senior

Neste sentido, a conselleira puxo en valor o traballo de Saraiva Senior, con máis de 15 anos de experiencia e que centra o seu modelo nunha atención individualizada e poñendo o foco no aproveitamento das novas tecnoloxías e a innovación para facer do seu centro un fogar para os usuarios.

Imaxes relacionadas