Trenor presenta o mural da física Marie Curie do artista Mon Devane no CEIP María Pita coincidindo co Día Internacional da Muller

A Coruña, 8 de marzo de 2022

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o CEIP María Pita para presentar o novo mural pintando neste centro da física Marie Curie polo artista referente do arte urbano, Mon Devane.

Trenor destacou que, coincidindo co Día Internacional da Muller, desde a Xunta “reafirmamos o noso compromiso de seguir avanzando na visibilización das mulleres en todos os ámbitos”. O representante do Goberno galego lembrou que a pesar de que a presenza das mulleres nas universidades aumentou, menos do 30% das investigadoras do mundo son mulleres.

O delegado da Xunta puntualizou que “apostas coma a deste centro, prestando o seu espazo para visibilizar o papel que xogou na historia a científica polaca, Marie Curie, coñecida por ser a primeira muller que recibiu dous premios Nobel en distintas especialidades científicas, é unha maneira moi eficaz de chegar aos máis novos porque eliminar as barreiras por cuestións de xénero é unha tarefa de todas e todos”.