A Xunta concedeu 16 axudas na comarca do Barbanza ao sector agrícola de máis de 105.000€ para impulsar o uso de enerxías renovables e a eficiencia enerxética

A Xunta ampliou o ano pasado ata os 3,7M€ estas axudas para reducir os custos enerxéticos e para mellorar a competitividade deste tipo de explotacións

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ten aberta outra convocatoria, ata o 31 de decembro, para optimizar as instalacións cun orzamento de 1,67 M€ procedentes do Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética

Imaxes relacionadas