A aposta de Galicia polo 5G sitúa a comunidade á vangarda desta tecnoloxía, unha das protagonistas da Mobile World Congress 2022
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica visitou hoxe os stands dos operadores Vodafone e Orange na MWC Barcelona 2022, nos que destacan as aplicacións do 5G en diferentes ámbitos
O 70% das probas desenvolvidas en Galicia con esta tecnoloxía están terminadas ou na súa recta final e abranguen ámbitos como a saúde, o turismo, a automoción, as emerxencias, o naval ou a industria 4.0
O seguinte paso será avaliar os resultados obtidos nestes pilotos para ver as posibilidades de incorporalos á dinámica dos servizos públicos e dos diferentes sectores produtivos
Consciente da importancia desta tecnoloxía de redes sen fíos de quinta xeración, Galicia quixo converterse desde o primeiro momento nun territorio facilitador da súa extensión e implantación.
A posta en marcha do Plan Galicia 5G permitiu á comunidade contar cun e posicionamento contribuíu o Ministerio de Economía e Transformación Dixital concedese dúas subvencións ás propostas presentadas por Telefónica e Orange realizar pilotos 5 G en Galicia. Estas iniciativas, sumadas ás impulsadas polo Nodo do Plan Galicia 5 G, desde a Xunta, no que participan estes operadores xunto con Vodafone, suman 30 casos de uso 5 G por un importe de 22 millóns de euros.
A día de hoxe o 70% destes casos de uso están completados e o resto na recta final. Son usos innovadores desta tecnoloxía aplicados ámbitos como a atención sanitaria, a educación, na xestión de incendios, a industria, na automoción no audiovisual ou o turismo, entre outros.
O seguinte paso será a avaliación destes 30 casos de uso para ver as posibilidades de incorporalos á dinámica dos servizos públicos e dos diferentes sectores produtivos.
Galicia, territorio 5G
En Galicia conformouse un ecosistema e un contexto que favoreceu a aposta dos operadores por Galicia para desenvolver as súas iniciativas de 5G e que permitiu, por exemplo, que formamos o territorio escollido para a primeira conexión 5G en roaming a nivel mundial ou que Vigo e A Coruña foron das primeiras cidades de España en contar con redes 5G.
A Administración autonómica fixo unha forte aposta para que Galicia aproveite as posibilidades do 5G porque esta é a tecnoloxía sen fíos do futuro, que permitirá as mesmas prestacións que a fibra e polo tanto é unha tecnoloxía clave para mellorar a conectividade nun territorio como o noso caracterizado pola dispersión e a complexidade orográfica. Neste sentido, cómpre lembrar o compromiso do Estado, de acordo coas liñas establecidas pola UE, de lograr que en 2025 o 100% da poboación teña acceso a unha conexión de 100Mbps.