O Parque Natural de Corrubedo será o escenario práctico do primeiro curso de iniciación ao naturalismo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colabora, xunto co Colexio Oficial de Biólogos, nesta actividade gratuíta, e aberta o público en xeral que desexe adquirir coñecementos sobre a observación da natureza e as saídas de campo

Na xornada do sábado 12 celebrarase a parte teórica no Centro Cultural Lustres Rivas, de Ribeira

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2022

O Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán será o escenario práctico do primeiro curso de iniciación do naturalismo, que organiza o Colexio Oficial de Biólogos e no que colabora a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Trátase dunha actividade gratuíta, aberta o público en xeral e que contará unha parte teórica, de 7 horas de duración, e outra práctica, que se desenvolverá no parque de Corrubedo, o domingo 13 de marzo.

Os interesados en participar nesta actividade accederán a coñecementos sobre a observación da natureza, no só sobre os materiais e equipo básicos necesarios, senón tamén sobre os trazos de campo a considerar para identificar as especies de fauna e flora. Tamén se lle informará e formará nas distintas as aplicacións existentes sobre esta materia e sistema para o rexistro da información recollida nas saídas de campo.

A parte teórica celebrarase o 12 de marzo no Centro cultural Lustres Rivas, no concello de Ribeira, e ao día seguinte, o domingo, os participantes desprazaranse ata Corrubedo coa finalidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos na xornada anterior.

As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa e de educación ambiental deben enviar un correo electrónico, con seus datos persoais e de contacto, á dirección: ecoplanin@gmail.com.

Imaxes relacionadas