A Xunta incrementa as prazas públicas no centro ocupacional Medelo en Silleda ata chegar ás 21

O Goberno galego inviste anualmente 222.000 euros neste centro

Vigo, 28 de febreiro de 2022

A Xunta incrementou as prazas públicas no centro ocupacional Medelo, en Silleda, ata chegar as 21. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá as súas instalacións nas que o Goberno galego inviste anualmente 222.000 euros. Durante a visita agradeceu a esta entidade o seu traballo por ser quen de converter a toda a comarca do Deza nun lugar más solidario, accesible e integrador.

A conselleira sinalou que a colaboración entre a Xunta e Cogami, confederación na que está integrada Medelo, amplíase a máis de 90 prazas públicas repartidas por toda a Comunidade ademais de convenios de colaboración e programas para a inserción sociolaboral para os que o Goberno galego destina 7,6 millóns de euros.

Durante a visita, acompañou aos usuarios na celebración do Carnaval. Neste centro de Medelo realízanse actividades de cerámica e traballos con tecidos de coiro. Fabiola García apostou por seguir impulsando medidas que integren ás persoas con discapacidade para facer de Galicia un lugar máis xusto para todos.
 

Imaxes relacionadas