Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 0,8 hectáreas de monte raso

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2022

A Consellería do Medio Rural informa a extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou o Parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
O lume iniciouse ás 19,55 h. desta tarde e quedou extinguido ás 20,50 h. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 0,8 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 3 axentes, 3 brigadas e 2 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural