Controlado un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie inferior a unha hectárea

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2022

A Consellería do Medio Rural informa do control dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
O lume iniciouse ás 19,55 h. desta tarde e quedou controlado ás 20,35 h. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional inferior a unha hectárea. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 axentes, 3 brigadas e 2 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural