Feijóo agradece a Fegerec a súa colaboración e apoio na elaboración da Estratexia galega de enfermidades raras 2021-2022
O presidente da Xunta reuniuse hoxe coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas para agradecerlle a súa colaboración e apoio ás iniciativas do Goberno galego, referíndose en concreto á elaboración da Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2021-2022.
Sobre este punto, lembrou que esta iniciativa establece un novo modelo asistencial para estas doenzas, co obxectivo de garantir un prazo de diagnóstico máis reducido, unha menor variabilidade no manexo e unha xestión máis áxil, coordinada e eficaz.
Para concluír, Feijóo reiterou o compromiso da Xunta coa entidade a través de convenios e liñas de axudas das consellerías de Sanidade e Política Social.