Política Social apoia á asociación Xaquedrum no fomento do xadrez entre a mocidade

Lugo, 20 de febreiro de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou a asociación cultural Xaquedrum, entidade que puxo en marcha o proxecto Mozos xadrecistas a través do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, para fomentar o xadrez entre a mocidade.

Cristina Pichel puxo en valor o traballo de Xaquedrum para dar unha alternativa saudable e educativa para o lecer ás mozas e mozos, á par que impulsan valores de responsabilidades e melloran as súas capacidades e competencias desde unha perspectiva transversal.
 

Imaxes relacionadas