A Xunta trasládalle ao concello de Ames unha solución alternativa para optimizar os servizos de autobús entre Ortoño e Bugallido con Santiago
A Xunta propón asumir un incremento de frecuencias na liña que conecta as parroquias de Ortoño e Bugallido con Santiago, no marco da concesión de autobús interurbano
Ademais, a proposta remitida optimiza o número de servizos da nova liña municipal que deberá poñer o Concello para completar a oferta aos usuarios, reducindo considerablemente o custo
O Goberno galego convida ao Concello de Ames a valorar a alternativa proposta, que reduce o custo económico para a administración local, á vez que se axusta mellor ás necesidades de mobilidade dos veciños do rural
Departamento:
C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas