A Xunta anuncia no Diario Oficial da Unión Europea a próxima licitación das obras da primeira fase da cidade de San Caetano nos terreos da antiga estación de autobuses de Santiago cun investimento de 24,5 M€

O anuncio previo permitirá reducir os prazos do proceso cando se inicie a contratación dos traballos, acurtando o prazo de presentación de ofertas para executar as obras, que contan cun prazo de 18 meses

O novo edificio administrativo constitúe unha 1ª fase dunha actuación máis ampla, que prevé outro edificio e a urbanización da contorna

Imaxes relacionadas