A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do rego do Castro, no concello de Culleredo

Os traballos desenvólvense nun treito de 350 metros de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Santa María de Rutis

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos na canle
 

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do rego do Castro, no concello de Culleredo.

Estes traballos estanse a desenvolver nun treito de 350 metros de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Santa María de Rutis.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-norte e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións contribuirán á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

 

Imaxes relacionadas