Galicia solicita ao Goberno central a posta en marcha de accións conxuntas para afrontar os desafíos da xuventude

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, instou ao Goberno Central a promover accións e actividades conxuntas a nivel interterritorial en materia de xuventude para afrontar desafíos comúns que teñen as Comunidades Autónomas no ámbito xuvenil.

Cristina Pichel mantivo o hoxe co Injuve, dependente do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, a primeira reunión de traballo enmarcada na efeméride do Ano Europeo da Xuventude, que se celebra neste 2022. Neste encontro estiveron presentes, entre outros, os directores xerais de xuventude de todas as comunidades, membros do Consello da Xuventude de España e do proxecto europeo de Embaixadas para o Diálogo coma mocidade, que achegaron as súas propostas e inquedanzas sobre as iniciativas que se realizarán neste ano sinalado, que debe servir tamén para incentivar a participación da poboación moza na sociedade, así como situar no centro dos debates os retos presentes e futuros.

Imaxes relacionadas