A Policía Autonómica rescata un gabián ferido en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2022

Axentes da Xefatura Territorial da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, rescataron un gabián cunha á fracturada.
Os axentes foron alertados o pasado día 5 de febreiro, por un cidadán da zona da Peregrina- Santiago de Compostela, que informou da localización e do estado da ave.
A patrulla da Policía Autonómica especializada en Medio Ambiente, despois de rescatar o animal, transportouno ás súas dependencias.
Para o traslado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros contouse coa colaboración dos Axentes Medioambientais do Distrito III.
O servizo veterinario constatou que se trataba dun macho adulto cunha ferida aberta, sen observar perdigóns ou orificios de proxectís, sendo as lesións compatibles cun accidente natural.