O Sergas detecta o primeiro caso en Galicia da sublinaxe BA.2 da variante Ómicrom
Hai outros 15 casos máis en estudio
2022-02-06
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2022
O Servizo Galego de Saúde vén de detectar o primeiro caso de BA.2 en Galicia. O laboratorio de microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, foi quen de secuenciar esta nova sublinaxe de Ómicron, tamén coñecida como "silenciosa".
Este primeiro caso secuenciado pertence á Área sanitaria viguesa. Os outros quince casos en estudo están relacionados co primeiro caso xa secuenciado. Todos están localizados na Área sanitaria de Vigo e na de Santiago de Compostela e Barbanza. Os pacientes presentan síntomas semellantes a unha gripe leve e ningún deles está hospitalizado.
Departamento:
C. de Sanidade