A Xunta reúnese co Circo de Artesáns da Coruña no marco da celebración do seu 175 aniversario
2022-01-13
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Xaneiro/semana-03/20220113FOTO CIRCULO ARTESANS 2.jpg
A Coruña, 12 de xaneiro de 2022
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuníronse hoxe con representantes do Circo de Artesáns da Coruña para coñecer a folla de ruta da programación conmemorativa do seu 175 aniversario durante este ano 2022.
No encontro estudáronse posibles vías de colaboración coa agrupación, que é unha das máis antigas de Galicia e España pola que pasaron diferentes figuras da intelectualidade, literatura, ciencia, pensamento e política. Destaca tamén a súa intensa actividade cultural con concertos, recitais poéticos, obras de teatro ou conferencias.