Trenor informou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte se están impartindo 42 cursos AFD para formar a 630 alumnos cun investimento de máis de 1,7M€

O delegado da Xunta visitou aos alumnos que se están formando en Cogami que este ano contou coa adxudicación dun curso cun investimento de máis de 35.400€

Esta formación está tendo lugar en centros homologados, que poden ser tanto empresas como concellos e entidades sen ánimo de lucro

Os organizadores ofertan accións formativas nos principais sectores da economía, primando a formación no eido do naval, a automoción, a edificación e obra civil, así como competencias clave e dixitais
 

Imaxes relacionadas