A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2022

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa en todo o litoral galego , con mar combinado de 5 a 7 metros do noroeste.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112, que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.