O 26% das persoas ingresadas por Covid nos hospitais do Sergas presentan infección compatible coa variante Ómicron

A incidencia desta variante nos centros da rede sanitaria pública descende até o 11,3% no caso das persoas ingresadas nas UCI

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2022

O Servizo Galego de Saúde continúa a monitorizar os casos positivos que ingresan nos hospitais da rede sanitaria pública galega, detectando que o 26,08% das persoas ingresadas presentan infeccións compatibles coa variante Ómicron.
Analizando os datos segundo a área de hospitalización, esta porcentaxe acada o 28,63% no que atinxe ás unidades de hospitalización do Servizo Galego de Saúde, e descende até o 11,36% no caso das persoas que se atopan ingresadas nas Unidades de coidados intensivos.
Sanidade continúa a analizar as infeccións de cada un dos ingresos que se producen nos hospitais galegos para determinar a que variante do virus Sars-Cov-2 a que pertencen, co obxecto de poder avaliar e facer un seguimento específico á evolución de cadansúa cepa.
Neste senso, o Servizo Galego de Saúde realízalle unha proba diagnóstica específica a todos os pacientes positivos que ingresan nos centros hospitalarios, co ánimo de poder avaliar a carga da variante ómicron durante a súa hospitalización.
 

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. de Sanidade