A Xunta implantará servizos de autobús baixo demanda para conectar o centro penal de Teixeiro, en Curtis, co eixe a Coruña-Ferrol e con Santiago

Os visitantes disporán de 28 frecuencias de autobús á semana, 20 na conexión con Betanzos e 8 para os desprazamentos desde Santiago

A Xunta aproveita a situación de Betanzos como nó de comunicación no corredor A Coruña-Ferrol e crea unha nova liña directa pola autoestrada A-6 ao penal

Para a conexión con Santiago engádese a parada do cárcere nas liñas actuais entre a capital galega e Vilalba, e créase unha nova con cabeceira no centro penal

Estas melloras xa se abordaron cos responsables do centro co obxectivo de poder implantar os novos servizos en vindeiras semanas

A iniciativa englóbase na mellora continua dos servizos de autobús que realiza a Xunta e sitúa a comunidade como a primeira en dispor dun proxecto específico para atender as necesidades de mobilidade dos usuarios que se desprazan aos centros penais
 
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2021

A Xunta implantará servizos de autobús baixo demanda ao centro penal de Teixeiro, situado no municipio coruñés de Curtis, que conectarán o cárcere co eixe de comunicación A Coruña-Ferrol e con Santiago de Compostela.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, elaborou un estudo pioneiro en España co obxectivo dotar os cinco centros penais de Galicia -o penal de Teixeiro, o de Bonxe, o de Monterroso, o do Pereiro de Aguiar e o da Lama- de mellores servizos de autobús, incorporando máis frecuencias e horarios axustados ás quendas de visitas destes centros.

O centro penal de Teixeiro recibe visitantes procedentes, principalmente, da área da Coruña e conta cunha afluencia moi importante nos horarios de visitas dos venres, sábados e domingos, sen dispoñer, ata o momento, de servizos de autobús.

Para atender esta demanda de desprazamentos, a Xunta vai dotar o cárcere de conexións en dous eixes: aprovéitase, por un lado, a situación de Betanzos como nó de comunicación do transporte público do corredor A Coruña-Ferrol, permitindo transbordos con toda esa área; e, por outro, o centro penal intégrase nos servizos entre Santiago de Compostela e Vilalba, engadindo un desvío nas liñas actuais e creando unha nova liña con cabeceira no centro penal.

En total, os visitantes disporán de 28 frecuencias de autobús á semana, todas elas baixo demanda, 20 delas con Betanzos e 8 para as viaxes desde Santiago de Compostela.
Para axilizar os desprazamentos e os transbordos que permite a conexión con Betanzos, decidiuse crear unha nova liña directa pola autoestrada A-6 entre a vila e o centro penal coruñés, que operará nas fins de semana. De luns a venres, a liña actual entre Betanzos e Sobrado dos Monxes permite horarios axustados ás visitas.

Deste xeito, o cárcere de Teixero contará de luns a xoves pola mañá cun servizo de ida e outro de volta, con saída desde Betanzos ás 10,00 horas e regreso ás 13,00 horas. Os venres, ao existir maior demanda, ademais destes dous servizos, os visitantes disporán dunha ida ás 15,15 horas desde Betanzos e unha volta con hora de paso ás 20,03 polo penal.

Os sábados e domingos a nova liña directa pola A-6 ofrecerá dous servizos desde Betanzos ás 10,00 e ás 15,00 horas e outros dous de regreso, ás 14,00 e ás 18,30 horas.

Para a conexión con Santiago de Compostela, créase unha nova liña entre a cidade e o centro penitenciario e incorpórase a nova parada do cárcere a través dun desvío nas liñas existentes que unen a capital de Galicia e A Mariña luguesa pasando por Vilalba. Nos dous casos, a prestación dos servizos tamén se realiza na modalidade baixo demanda.

Así, desde Santiago haberá un servizo de ida e outro de volta que funcionará os mércores e venres pola tarde, con saída ás 14,30 horas e regreso ás 19,45 horas. As fins de semana, os servizos abranguen todas as quendas de visita e contarán coa ida ás 09,15 horas os dous días, mentres a volta será ás 20,00 horas os sábados e ás 18,15 horas os domingos.

A Xunta contou para o deseño destas melloras coa participación dos responsables do cárcere coruñés, para recoller as súas peticións particulares e incorporalas ao plan de mellora.

O centro informou de que a maior parte das visitas se concentra desde os venres pola tarde ata os domingos, polo que a Xunta centrou as actuacións nestes días para atender as demandas de mobilidade desde as orixes principais nas que pode haber maior demanda.
Á vez, a prestación dos servizos na modalidade baixo demanda permite optimizar os recursos e evitar desvíos innecesarios ou circulacións en baleiro.

O pasado 22 de decembro abordáronse estas melloras cos responsables do centro penal de Teixeiro e o obxectivo da Xunta é implantar os novos servizos xa en vindeiras semanas.

A iniciativa englóbase na mellora continua dos servizos de autobús que vén realizando o Goberno galego e sitúa a comunidade como a primeira en dispor dun proxecto específico para atender as necesidades de mobilidade dos usuarios que se desprazan aos centros penais para visitar aos internos.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2021.- A Xunta implantará servizos de autobús baixo demanda ao centro penal de Teixeiro, situado no municipio coruñés de Curtis, que conectarán o cárcere co eixe de comunicación A Coruña-Ferrol e con Santiago de Compostela.

Imaxes relacionadas