A Xunta autoriza unha licitación de 5,7 M€ para que o Servizo Público de Emprego incorpore un sistema de intelixencia artificial para axustar a oferta e demanda laboral

Feijóo subliña, entre outras vantaxes, que a nova ferramenta permitirá obter información fidedigna do mercado de traballo e simultanear os perfís laborais en busca de emprego co que demandan as empresas

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2021

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe da autorización por parte do Consello da Xunta dunha licitación por 5,7 M€ para que o Servizo Público de Emprego en Galicia incorpore un sistema de intelixencia artificial para axustar a oferta e a demanda no mercado de traballo.

Nese sentido, Feijóo puxo en valor que a intelixencia artificial, cando se emprega de xeito sistemático e con protocolo axeitado, pode dar un plus de eficacia aos servizos que tradicionalmente se ofrecen aos galegos.

E, como exemplo disto, subliñou algunhas das vantaxes que permitirá incorporar ao Servizo de Emprego, como traballar con información fidedigna sobre a realidade laboral de Galicia, simultanear os perfís laborais en busca de emprego co que demandan as empresas ou realizar prospeccións a futuro para adiantar tendencias.
 

Imaxes relacionadas