Fernández-Tapias agradece ás funcionarias e funcionarios xubilados da Xunta en Vigo os seus anos de compromiso, entrega e dedicación aos cidadáns

Vigo, 28 de decembro de 2021

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recoñeceu hoxe a labor dos funcionarios e funcionarias da Xunta en Vigo nun ano especialmente difícil no que seguen a colear as consecuencias da crise sanitaria.
Así o fixo coincidindo co tradicional acto de homenaxe ao persoal da Delegación Territorial que se xubilou neste 2021, ao que nomeadamente agradeceu todos os seus anos de compromiso, entrega e dedicación ao servizo da administración e dos cidadáns.

Imaxes relacionadas