O DOG publica hoxe a resolución de novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas de interinos de habilitados nacionais

Publícase a relación refundida e actualizada das persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-Intervención, Secretaría e Intervención-Tesourería

Santiago de Compostela, 24 de decembro de 2021

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación das novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional nas entidades locais galegas.

No enlace https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A pode consultarse a listaxe das 277 persoas integrantes das bolsas refundidas e actualizadas, de acordo coa seguinte desagregación: 128 persoas integrantes das listas correspondentes á subescala de Secretaría-Intervención; 69 persoas integrantes das listas correspondentes á subescala de Intervención-Tesourería e 80 persoas integrantes das listas correspondentes á subescala de Secretaría de entrada.

Neste mesmo enlace e no portal de servizos web Eidolocal publícase a relación de persoas declaradas aptas no curso práctico de formación realizado o pasado outubro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). A formación rematou o pasado 30 de novembro e 106 aspirantes superaron o proceso selectivo -45 na subescala de Secretaría-Intervención, 30 na de Secretaría de entrada e 31 na de Intervención-Tesourería- .

Ademais, no enlace https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410B pode consultarse a actualización de méritos das persoas que xa formaban parte das citadas listas de interinos tras a superación do correspondente proceso selectivo en anteriores convocatorias.

Imaxes relacionadas