A Xunta apoia a campaña de Ecovidrio para animar á reciclaxe dos envases no Nadal
2021-12-21
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Decembro/semana-04/211221 Arbore Ecovidrio1.jpg
Lugo, 21 de decembro de 2021
A Xunta de Galicia colabora coa campaña posta en marcha por Ecovidrio para concienciar da importancia de reciclar os envases de vidro durante as festas do Nadal, cando se xeran ata o 20% dos residuos anuais deste material. A entidade instalou diante da Praza de Abastos de Lugo unha árbore navideña elaborada con réplicas dos iglús contedores.
No acto de presentación participou o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, entre outros. Durante toda a xornada haberá un expositor informativo con educadores ambientais e desenvolveranse varias accións lúdicas arredor da reciclaxe.