A Xunta apoia sete programas integrados de emprego na comarca da Coruña, un no concello de Arteixo e outros seis en entidades cun investimento de 1,2 M€

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, informou destas novas iniciativas laborais que mellorarán a empregabilidade de 700 persoas na área da Coruña

No concello de Arteixo pórase en marcha por décimo ano consecutivo unha nova edición do Programa Intregrado de Emprego “Concello de Arteixo 2021-2022" con formación en caixeiro e repoñedor, xestión e operario de almacéns, axudante de cociña, operacións básicas de restaurante e bar e operario de limpeza

A Coruña, 15 de decembro de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde da Arteixo, Carlos Cavelo, informaron da aprobación dos seis programas de Emprego que se impartirán na comarca da Coruña e que mellorarán a empregabilidade de 700 desempregados nesta área.

Os PIEs outorgados na área da Coruña contan cun investimento de 1,2 millóns de euros financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade e agarda alcanzar unha inserción laboral de alomenos o 40% entre os seus cen participantes. O delegado visitou as instalacións nas que se impartirá esta formación do curso organizado polo Concello de Arteixo, e explicou que os PIans Integrados de Emprego consisten en itinerarios curriculares, cursos de formación, mellora das habilidades profesionais e outras medidas laborais durante un período de doce meses ao tempo que contan coa colaboración de varias empresas da contorna.

Trenor explicou que no concello de Arteixo pórase en marcha, por décimo ano consecutivo, unha nova edición do Programa Intregrado de Emprego “Concello de Arteixo 2021-2022” con formación en caixeiro e repoñedor, xestión e operario de almacéns, axudante de cociña, operacións básicas de restaurante e bar e operario de limpeza.

O representante do Goberno galego destacou que os concellos e entidades organizadoras teñen un importante compromiso coa empregabilidade porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e conseguen importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afrontan.

O delegado da Xunta apuntou que “unha das apostas máis importantes da Consellería de Emprego e Igualdade son os programas formativos que, cada vez máis, están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas o que permite unha posterior integración laboral máis alta”. Ademais, engadiu que “outra das apostas importantes é complementar a formación con prácticas en empresas para garantir unha inserción real e duradeira no tempo”.

Entre as accións máis importantes da Xunta, que se desenvolven na contorna desta comarca, destacan as Accións Formativas para Desempregados (AFD), que este ano contarán con 163 cursos nesta área cun investimento de 6,7 millóns de euros, os Obradoiros de Emprego, para os que a Xunta reserva outros 3,8 millóns de euros para a apoiar a celebración de 11 talleres de formación e os Programas Integrados de Emprego.

Neste senso, Trenor lembrou que, en total, a Xunta investirá na comarca da Coruña máis de 11,1 millóns de euros nestes tres plans de emprego que permitirán a celebración de 180 cursos de formación para apoiar e mellorar a empregabilidade de 3.257 desempregados.

COMARCA DA CORUÑA

PIE`s CONCELLOS
ENTIDADE SOLICITANTE
CONCELLO
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
TIPO DE PROGRAMA
TOTAL AXUDA 2021-2022
CONCELLO DE ARTEIXO
ARTEIXO
CONCELLO DE ARTEIXO
XERAL
 232.000,00 €
TOTAL CONCELLOS
 
 
 
 232.000,00 €

PIE`s ENTIDADES

ENTIDADE SOLICITANTE
CONCELLO
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
TIPO DE PROGRAMA
TOTAL AXUDA 2021-2022
FUNDACIÓN EQUIPO HUMANO
A CORUÑA
A CORUÑA
MULLERES
      207.400,00 €
ASOCIACIÓN AGARIMO
ARTEIXO
ARTEIXO, CARBALLO E A CORUÑA
XERAL
      136.053,33 €
CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DA CORUÑA
A CORUÑA
COMARCA DA CORUÑA
XERAL
      250.000,00 €
FUNDACIÓN PAIDEIA GALICIA
A CORUÑA
CONCELLO DA CORUÑA
XERAL
      231.810,00 €
FUNDACIÓN NORTEMPO
A CORUÑA
CONCELLOS DA CORUÑA, SANTIAGO DE COMPOSTELA E VIGO
XERAL
       83.333,33 €
FEDERACIÓN UGT-SERVIZOS PÚBLICOS GALICIA
A CORUÑA

SANTIAGO DE COMPOSTELA, VILAGARCÍA DE AROUSA, A CORUÑA E PONTEVEDRA

MULLERES
       60.740,00 €
TOTAL ENTIDADES
 
 
 
      969.336,67 €
TOTAL CONCELLOS + ENTIDADES
 
 
 
           1.201.336,67 €
 

Imaxes relacionadas