Dous pilotos 5G desenvoltos en Galicia demostran a capacidade desta tecnoloxía para mellorar o rendemento das explotacións agrarias e optimizar a conectividade no rural

Hoxe o presentáronse en Castro de Rei dous novos casos de uso 5G, un de sensorización para explotacións agrarias e outro de conectividade no fogar

Desenvolvidos polo operador Orange son dous dos preto de 30 pilotos que se están realizar en Galicia grazas ao Plan Nacional 5G e ao Nodo do Plan Galicia 5G
 

Castro de Rei (Lugo), 14 de decembro de 2021

O municipio lucense de Castro de Rei acolleu hoxe a presentación de dous novos casos de uso da tecnoloxía 5G que demostran as vantaxes que achega o 5G na mellorar da calidade de vida e a economía en instalacións agrícolas e zonas rurais.

No primeiro dos pilotos, desenvolto por Orange, Agroamb, Ericsson e Qampo a instalación de sensores conectados mediante IoT 5G nos campos de cultivo, unidos á utilización de mapas satelitais, permite obter información puntual sobre o estado da explotación agraria. Desta forma e grazas á correlación de parámetros agronómicos, ambientais e satelitais, os técnicos poden coñecer en tempo real as necesidades de auga, fertilización, etc., dos seus campos, planificando así de forma óptima o coidado destes e optimizar o rendemento dos seus cultivos e das distintas colleitas.

Pola súa banda, o segundo dos pilotos, que se leva a cabo sobre a rede 5G de Orange coa colaboración de Ericsson, ten como fin impulsar a dixitalización da contorna rural a través da mellora da conectividade que proporciona o 5G naquelas zonas nas que é máis difícil a instalación de fibra óptica. A través dunha solución coñecida como FWA e que utiliza a rede 5G coma se fose unha rede de fibra óptica ata o fogar, mellórase o acceso móbil e a experiencia dos usuarios a redes ultrarrápidas en poboacións rurais, permitíndolles así gozar de servizos que, a día de hoxe, soamente están dispoñibles con accesos de rede fixa de última xeración.

Ambos casos de uso, que xa están operativos, foron presentados hoxe nas instalacións da empresa Agroamb en Castro de Rei, coa presenza do director de Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez; o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias; o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado; o director de Servizos Públicos Dixitais de Red.es, Francisco Javier García; a directora adxunta de Servizos Públicos Dixitais, María Fernández,; o Ceo de Agroamb, Serveriano Ónega; o xerente de Qampo Francisco Huidobro xunto co manager de Orange Zona Norte Öscar Aragón, e o Responsable GG CC Zona Norte Jesús Costoya.

Estes proxectos enmárcanse no Plan Nacional 5G, o programa para o desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G que executa Red.es, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e para a execución do mesmo en Galicia formouse unha UTE composta por Orange, cinfo, Gammera Nest e Optar Solutions e outras entidades colaboradoras.

Galicia, territorio 5G cun preto de 30 casos de uso

Galicia foi a primeira comunidade en poñer en marcha un Plan 5G. Este posicionamento contribuíu o Ministerio de Economía e Transformación Dixital concedese dúas subvencións aos operadores Telefónica e Orange para realizar proxectos presentados polos operadores Telefónica e Orange para realizar pilotos 5G en Galicia. Estas iniciativas, sumadas ás impulsadas polo Nodo do Plan Galicia 5G, impulsado desde a Xunta, no que participan estes operadores xunto con Vodafone, suman 29 casos de uso baseados 5 G por un importe de 22 millóns de euros.

Galicia xa rexistrou algúns fitos importantes en torno ao 5G como ser o territorio escollido a nivel mundial para unha conexión 5G en roaming, ou que Vigo e A Coruña fosen das primeiras cidades europeas en contar con estas redes ultrarrápidas sen fíos.
Actualmente dos 29 pilotos 15 están completados, 12 na recta final e os restantes en desenvolvemento, comprobando os usos innovadores desta tecnoloxía na atención sanitaria, a educación, a xestión de incendios e emerxencias, o turismo, a industria ou a automoción entre outros.
 

Imaxes relacionadas