Un total de 11 establementos turísticos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte beneficiáronse das axudas da Xunta para a renovación e modernización das súas instalacións

O delegado da Xunta visitou o Balneario de Carballo un dos beneficiarios destas axudas que recibiu un apoio de máis de 26.000 euros

A través de Turismo de Galicia aportáronse case 140.000 euros a proxectos que permitiron a execución de actuacións orientadas á eliminación de barreiras arquitectónicas, mobiliario ou mellora da eficiencia enerxética

Carballo (A Coruña), 13 de decembro de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o balneario de Carballo para informar que a Xunta concedeu axudas para a mellora dos 11 establecementos de aloxamento turístico e de restauración por importe de case 140.000 euros. Concretamente o balneario de Carballo recibiu unha achega de 26.000 euros.

A convocatoria destas axudas para financiar actuacións de mellora de infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración permitiu levar adiante proxectos dirixidos fundamentalmente a financiar, entre outras actuacións, accións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas nestes negocios; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística; ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría.

Tamén se inclúen iniciativas de climatización que favorezan a sustentabilidade introducindo medidas de aforro enerxético; a modernización das instalacións e do embelecemento do entorno; ou a renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento dos establecementos.

A través desta liña de apoios creada en 2018, a Xunta subvencionou proxectos de mellora das infraestruturas turísticas cunha achega autonómica de máis de 3,7 millóns de euros co obxectivo de incrementar a calidade, a accesibilidade e a sustentabilidade da oferta turística galega.

Reactivación sector turístico

Na visita o delegado da Xunta lembrou que entre os dous Plans de Rescate, o Goberno galego mobilizou máis de 182 millóns de fondos propios a autonómos, microempresas e negocios de hostalería. Case a metade do orzamento corresponde á hostalería con case 90 millóns de euros.

Entre estes 90 millóns de euros dos Plans de Rescate da Xunta e os 31,2 millóns das distintas convocatorias de axudas destinadas ao sector turístico e aos concellos e entidades para actuacións relacionadas con este ámbito, o Goberno galego leva investidos neste ano máis de 120 millóns de euros na reactivación do turismo galego.
Neste investimento inclúense os 16 millóns de euros do último paquete de axudas que se repartiron, con liñas dirixidas a apoiar o funcionamento das axencias de viaxes, á mellora das infraestruturas turísticas dos concellos de ata 10.000 habitantes, así como á adquisición de equipamentos poscovid como medidores da calidade de aire dos locais de hostalería e aloxamentos e ao apoio en medidas de dixitalización e promoción destes negocios para captar visitantes

AXUDAS ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

NOME COMERCIAL
CONCELLO ESTABLECEMENTO
 SUBVENCIÓN

Balneario de Carballo

Carballo
26.524,39 €

Hotel de Naturaleza AV SL

Cee
7.429,58 €
Hotel Insua
Cee
14.720,85 €

Hotel Langosteira

Fisterra
2.120,20 €

Hotel Vida Finisterre Centro

Fisterra
34.881,35 €

Hotel Playa de Laxe

Laxe
1.372,50 €

A Torre de Laxe

Laxe
4.661,25 €

Casa Fontequeiroso

Muxía
3.170 €
TOTAL

8

94.880,12 €

 



AXUDAS LOCAIS DE RESTAURACION


NOME COMERCIAL
CONCELLO ESTABLECEMENTO
 SUBVENCIÓN

Raxería Río Sil

Carballo
34.921,00
O Fragón
Fisterra
8.909,00

Restaurante A Lareira

Fisterra
1.178,73
TOTAL

3

45.008,73 €

 

Imaxes relacionadas