O Bono Turístico permitiu inxectar este outono case 3,4M€ no sector turístico

Os beneficiarios da Tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia poderán consumir ata o 31 de decembro o saldo pendente das súas tarxetas

O obxectivo é mobilizar 7,9M€ no sector turístico neste ano co bono turístico, do que se beneficiaron máis de 12.000 persoas

O bono turístico contribuíu a manter boas cifras de ocupación todo o ano e converteuse nun elemento de desestacionalización turística

A iniciativa forma parte das medidas levadas a cabo pola Xunta este ano para reactivar o sector turístico, cun investimento este ano de 120 millóns de euros a través de distintas liñas de axudas e nos pagos á hostalería a través dos Plans de Rescate

Imaxes relacionadas