O IGVS aborda con representantes das cooperativas de vivendas as posibilidades que ofrecen os fondos europeos no eido da rehabilitación

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2021

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, mantivo unha reunión cos presidentes da Confederación de cooperativas de vivenda e rehabilitación de España (Concovi), Juan Casares, e da Unión galega de cooperativas de vivendas (Ugacovi), Iván Blanco, na que se abordaron temas como os fondos europeos para rehabilitación e o anteproxecto de Lei estatal de vivenda, especialmente en relación co mundo das cooperativas residenciais.

O encontro produciuse aproveitando que Concovi celebrou recentemente o seu Consello en Santiago de Compostela, polo que á reunión tamén asistiron representantes de asociacións de cooperativas doutras comunidades autónomas.

Imaxes relacionadas