O vicepresidente primeiro da Xunta recibe ao cónsul xeral de Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021.- O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reunise esta tarde co cónsul xeral de Uruguai en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, Ramiro Rodríguez Bausero, nun encontro no que abordaron varios asuntos relacionados con áreas da súa competencia co obxectivo de explorar posibles vías de colaboración.
Alfonso Rueda agradeceu a visita institucional do cónsul para sentar as bases dunha futura relación de colaboración e salientou os vínculos que unen a Galicia e a República Oriental do Uruguai, tamén no ámbito turístico e sobre todo neste Xacobeo.
 

Imaxes relacionadas