Arias subliña o atractivo cultural e turístico da Foliada da Fonsagrada, que conta co apoio da Xunta

Lugo, 1 de decembro de 2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da sexta edición da Foliada da Fonsagrada, que -apuntou- “é un evento consolidado e un gran atractivo cultural e turístico para a localidade”.

A foliada celebrarase entre os días 3 e 5 de decembro; está organizada pola asociación cultural “Petapouco e a destempo” e conta co apoio da Xunta de Galicia. Inclúe o concerto do artista galego Xabier Díaz coas Adufeiras, unha actuación que está patrocinada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades, a través da secretaría xeral de Política Lingüística, dentro dos programas de promoción da música en galego, especialmente dirixida aos máis novos. A programación complétase con cine, unha feira de artesanía, cantos de taberna, ou a presentación do libro O toque pechado, entre outros actos.

Imaxes relacionadas