A Xunta apoia a sete concellos da comarca de Santiago con case 70.000€ para mellorar o equipamento das súas instalacións culturais
O delegado da Xunta e o alcalde do Pino visitaron a biblioteca do centro sociocultural Luis Seone na que se levará a cabo a ampliación da aula infantil grazas a unha achega de máis de 18.000 euros
Esta orde de subvencións vai destinada a realizar obras de reforma, ampliación ou modernización así como adquisición de materiais técnicos.
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde do Pino, Manuel Taboada, visitaron a biblioteca municipal do centro sociocultural, Luis Seoane, no que a Xunta de Galicia investirá máis de 18.000 euros para ampliar a área infantil e para adquirir materiais de novas tecnoloxías.
Trenor destacou que este apoio encádrase dentro das axudas destinadas á mellora e equipamento das instalacións e locais dos concellos dirixidos a actividades de carácter cultural, por importe de 500.000 euros para toda Galicia da que se beneficiaron 40 concellos. No caso concreto da comarca de Santiago, o Goberno galego investirá case 70.000 euros en equipamentos culturais dos concellos de O Pino, Ordes, Padrón, Santa Comba, Teo, Touro e Val do Dubra. Na provincia beneficiáronse desta orde de axudas 13 concellos cun investimento total de máis de 149.000 euros.
Trenor explicou que a intención desta orde de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é dotar dos medios necesarios ás entidades locais comprometidas coa acción cultural para que poidan executar as súas programacións, así como contar coas oportunas infraestruturas que lles permitan a adecuada realización das actividades culturais, garantindo o servizo público que prestan á cidadanía tanto nos eidos rurais como urbanos.
Os concellos beneficiarios teñen que ser titulares dos locais culturais para os que se solicitan as axudas e contar cunha programación cultural estable ao longo do ano.
A axuda máxima por entidade local beneficiaria é de 30.000 euros e non pode exceder do 90% do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe ascende a 35.000 euros cando se trate de solicitudes realizadas por agrupacións de concellos. Foron obxecto de subvención as actuacións relativas ao equipamento e moblaxe de locais, a realización de obras de reforma, ampliación, modernización ou mellora de inmobles, así como a adquisición de materiais técnicos vinculados ao desenvolvemento das accións culturais
A través destas axudas, a Xunta continúa impulsado a cultura nos distintos concellos buscando a máxima calidade e o seu acceso para todos os galegos.
COMARCA SANTIAGO | |||
ENTIDADE | PROXECTO | AXUDA | DESTINO |
O PINO | Ampliación área infantil, novas tecnoloxías | 18.718,72 € | BIBLIOTECA |
ORDES | Subministro e instalación de armarios | 5.015,32 € | ARQUIVO |
PADRÓN | Centro de atención ao peregrino e centro turístico, etnográfico e histórico de Padrón | 30.000,00 € | OUTRO |
SANTA COMBA | Mobiliario biblioteca | 2.046,53 € | BIBLIOTECA |
TEO | Investimento biblioteca- Casa Os Tilos | 2.779,72 € | BIBLIOTECA |
TOURO | Equipamento para axencia de lectura municipal | 1.446,38 € | BIBLIOTECA |
VAL DUBRA | Equipamento zona de ampliación da Biblioteca | 8.797,11 € | BIBLIOTECA |
TOTAL SANTIAGO | 68.803,78 € | ||
COMARCA A CORUÑA | |||
ENTIDADE | PROXECTO | AXUDA | DESTINO |
ABEGONDO | Mellora accesibilidade e servizo dixital | 4.620,84 € | BIBLIOTECA |
ARANGA | Mobiliario e equipamento para biblioteca | 16.023,65 € | BIBLIOTECA |
MESÍA | Cubrición de espazo local social de Boado | 25.067,55 € | LOCAL SOCIAL |
MIÑO | Dotación de equipamento e seguridade | 10.531,01 € | BIBLIOTECA |
TOTAL CORUÑA | 56.243,05 € | ||
COMARCA FERROL | |||
ENTIDADE | PROXECTO | AXUDA | DESTINO |
MAÑÓN | Equipamento librerías | 3.620,32 € | BIBLIOTECA |
NARÓN | Obras de mantemento e conservación | 20.900,44 € | BIBLIOTECA |
TOTAL FERROL | 24.520,76 € | ||
TOTAL PROVINCIA | 149.567,59 € |