Arias participa na xornada para profesionais da Feira das distribuidoras lucenses, que conta co apoio da Xunta

Lugo, 29 de novembro de 2021

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xornada para profesionais organizada no marco da I Festa das distribuidoras lucenses que organiza Adislugo, a asociación que aglutina ás empresas do sector na provincia, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Arias subliñou o éxito desta primeira edición, na que colabora o Goberno galego cunha achega de 25.000 euros e dous stands, do Xacobeo e da Axencia Galega de Calidade Alimentaria. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa a recuperación das actividades económicas que se viron máis prexudicadas pola pandemia. Cos Plans de rescate mobilizou en menos de seis meses máis de 182 millóns de fondos propios destinados a autónomos, microempresas e negocios de hostalería. Pero ademais, afirmou, “seguen a convocarse outras liñas con carácter periódico para axudar ao tecido produtivo a medrar e consolidarse”.

Imaxes relacionadas