A Xunta destaca o potencial de Galicia como destino para o turismo deportivo con eventos como o Rallymix de Portas
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, asistiron ao evento deportivo xunto co alcalde Ricardo Martínez
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, ao I RallyMix de Portas 2021.
A Xunta colabora na primeira edición desta proba de motor organizada polas escuderías Viva Eventos Deportivos e Charli Romeo, que acolleu o concello esta fin de semana con tódalas medidas de prevención ante a covid.
O Goberno galego destaca o potencial de Galicia como destino preferente para o turismo deportivo e, en especial, un dos grandes focos dos rallies. De feito, o RallyMix de Portas na súa primeira edición puntuará para o Campionato Galego de RallyMix.