A Xunta concede máis de 400.000 euros en axudas a 12 asociacións protectoras e 17 entidades locais para o coidado de animais domésticos abandonados

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución das subvencións para a atención e coidado dos exemplares baixo tutela dunha protectora ou dun concello, así como para a compra de material

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021

A Xunta publica a Resolución sobre as ordes de axuda para sufragar os coidados de animais domésticos abandonados, que se resolve coa concesión de máis de 400.000 euros a 17 entidades locais (218.090 €) e 12 asociacións protectoras (185.684 €).

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de 2021, que se dividiu en dúas ordes: unha dirixida a entidades locais, como administracións responsables da recollida e acollemento de animais abandonados e da xestión das colonias felinas; e a outra, destinada a asociacións inscritas no Rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.

As subvencións concedidas axudarán a sufragar gastos como a esterilización cirúrxica dos exemplares que tutelan; a identificación dos mesmos mediante implantación de microchip, inscrición no Rexistro galego de identificación de animais de compañía (Regiac) e expedición do pasaporte sanitario; a compra de alimento; e a vacinación preventiva e desparasitación, entre outras medidas profilácticas.

Cómpre lembrar que, no caso as entidades protectoras debidamente rexistradas, tamén podían solicitar axudas para a realización de campañas de concienciación, promoción da tenza responsable e fomento das adopcións, así como para comprar material non funxible co fin de dotar aos centros que xestionan dos medios necesarios para atender aos animais.

Para a Xunta a protección dos animais domésticos é unha prioridade, por iso desde 2017 leva mobilizado un orzamento global de máis dun millón de euros, coa que atender os coidados e necesidades dos animais abandonados. Ao tempo, mantén campañas de sensibilización sobre a tenza responsable de mascotas, para evitar o abandono e incidir na tenza responsable.

Asemade, impulsou unha a Lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia, que entrou en vigor en xaneiro de 2018, para dar resposta a dous obxectivos principais: combater o maltrato en calquera das súas formas e promover o abandono cero na Comunidade a través do fomento das adopcións e da concienciación social sobre a tenza responsable de animais domésticos.

Anexo I. Axudas ás entidades locais
 

 

Entidade beneficiaria

Importe adxudicado (€)

Concello de Ribadeo

5.650

Concello de Arteixo

5.400

Concello de Ponteareas

3.330

Deputación Provincial de Ourense

38.610
Concello de Santa Comba
1.300
Concello de Celanova
5.230
Consorcio As Mariñas
24.270

Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol

55.210
Concello de Ribeira
4.970
Concello de Vimianzo
3.430
Concello do Porriño
22.740
Concello de Aranga
1.220
Concello de Padrón
3.600

Concello de Santiago de Compostela

30.800
Concello de Muros
760
Concello de Camariñas
4.690
Concello de Redondela
6.880

Total

218.090

Anexo II. Axudas ás asociacións inscritas no Rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía

 

Entidade beneficiaria

Importe adxudicado (€)

 

Asociación Protectora de Animais do Camiño (Teo)

1.500
 

Asociación Protectora de Animais de Ourense

76.933,26
 
 

Asociación Micos do Barrio (Santiago de Compostela)

1.006,30
 

Asociación Protectora de Animais de Cambados

18.523,07
 
 

Asociación Protectora Bigotes Colonias de Gatos de Lalín

1.628,05
 
 

Asociación Protectora Animais Verín (PAVE)

7.769,91
 

Sociedade Protectora de Animales e Plantas de Lugo

25.168,6
 

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos (Ponteareas)

14.394,9
 

Asociación Colonias Canguesas (Cangas do Morrazo)

1.486,55
 

Asociación Protectora de Animais Gatocan (A Coruña)

9.550,09
 
 

Asociación Protectora de Animais San Francisco de Asís (Irixoa)

721,54
 

Asociación Protectora de Animais de Vilagarcía

27.001,78
 

Total

185.684,05
 

 

 

Imaxes relacionadas