O presidente da Xunta presidiu esta tarde o acto de entrega do premio Ourensanía 2021

Feijóo refírese aos galardoados co premio Ourensanía como un facho que hai que aproveitar para alumear o noso presente

Destaca a traxectoria do homenaxeado, Alejandro Blanco, presidente del Comité Olímpico Español e sen cuxo nome non se entende o olimpismo español e internacional

Resalta as figuras de Pura e Dora Vázquez, recoñecidas co Premio Ourensanía de Honra 2022 e que plantaron tamén unha semente na literatura infantil e xuvenil da posguerra, en tempos nos que escribir en galego era insólito, audaz e heroico

Ourense, 11 de novembro de 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe aos galardoados co Premio Ourensanía como un facho que hai que aproveitar para alumear o noso presente.

Durante o acto de entrega do premio Ourensanía 2021, Feijóo destacou a traxectoria do homenaxeado, Alejandro Blanco, presidente del Comité Olímpico Español e sen cuxo nome non se entende o olimpismo español e internacional.

“Alejandro Blanco é un compendio desas virtudes que permiten que os aneis olímpicos sexan unha bandeira na que nos podamos recoñecer todos”, dixo, subliñando que estes triunfos deportivos, medallas e diplomas, teñen un impacto emocional sobre a poboación e que vai máis alá do estritamente olímpico, para incrementar a nosa autoestima e sentirnos mellor como españois.

Nesta mesma liña, destacou as figuras de Pura e Dora Vázquez, recoñecidas co Premio Ourensanía de Honra 2022 e que plantaron tamén unha semente na literatura infantil e xuvenil da posguerra, en tempos nos que escribir en galego era insólito, audaz e heroico.

O titular do Goberno galego concluíu aseverando que os premiados proban que Galicia é quen de aprender de todo o bo que existe fóra dela, sen por elo precisar de modelos alleos.

Imaxes relacionadas